jueves, 14 de agosto de 2008

ACTA DA ASEMBLEA ORDINARIA DO 1 DE AGOSTO DE 2008

Reunidos en Asemblea Ordinaria, o 1 de agosto de 2008, ás 17:30, en segunda convocatoria, no local da Asociación de Empresarios do Tambre (Santiago de Compostela), coa presencia dos seguintes membros:

A Citania Arqueoloxía, S.L.
Anta de Moura, S.L.
D.O.A., S.C.
Gabinete de Arqueología e Xestión do Patrimonio, S.L.
Lesering, S.L.
Prospectiva y Análisis Arqueólogos, S.L.
Roberto Bartolomé Abraira

A Asemblea comenzou coa lectura e aprobación da acta anterior, tratándose a continuación os seguintes puntos:

1. Comunicación e lectura das contrapropostas realizadas pola CIG ó borrador do Convenio Laboral presentado pola AEGA:
- Artigos 1 a 4, 7, 8 e 10: foron aceptados pola CIG sen ningunha modificación.
- Artigo 5: A CIG propón que o Convenio entre en vigor dende a súa firma, inda que acepta que as claúsulas económicas non teñan vixencia ata a súa publicación no DOG. Esta proposta foi aprobada pola Asemblea.
- Artigo 6: A CIG mantén a súa proposta inicial da revisión do IPC+1 punto, que segue sendo rexeitada pola Asemblea.
- Artigo 10 da proposta da CIG (adhesión ó AGA): A CIG mantén a súa proposta inicial, que foi aceptada pola Asemblea.
- Artigo 11: a CIG propón a supresión das categorías de Coordinador, Técnico de apoio e Auxiliar de apoio, opoñéndose á presencia de peóns non especializados nas escavacións. A Asemblea acepta a supresión do Coordinador, pero decide manter ó resto de categorías.
- Artigo 19: a CIG propón unha única táboa salarial independentemente do Centro de Traballo coas seguintes cantidades anuais (inclúen salario base+pagas extras+vacacións+plus de transporte+plus de asistencia):
-Director: 20.297,54 €
-Técnico: 20.297,54 €
-Técnico especialista: 17.818,00 €
-Arqueólogo de Empresa: 20.297,54 €
-Encargado: 19.652,00 €
-Oficial: 19.618,54 €
-Jefe administrativo: 15.984,00 €
-Oficial administrativo: 15.592,00 €
-Auxiliar administrativo: 14.780,00 €
Ademais propoñen un Plus de Dirección de 550 €/mes e un Plus de Contrato Temporal de 139,47 €/mes.
A Asemblea, pola súa parte, acepta a unificación nunha única táboa salarial, pero coas seguintes cantidades totais (pluses incluidos):
-Director: 25.755,00 €
-Técnico: 19.155,00 €
-Técnico especialista: 17.818,00 €
-Técnico de apoio: 17.968,80 €
-Arqueólogo de Empresa: 16.680,00 €
-Encargado: 17.430,00 €
-Oficial: 16.800,00 €
-Auxiliar: 15.900,00 €
-Jefe administrativo: 14.790,00 €
-Oficial administrativo: 14.370,00 €
-Auxiliar administrativo: 13.500,00 €

2. Información sobre a creación dun Blog da AEGA de consulta libre (http://aegablog.blogspot.com/), na que se colgará toda a información xerada pola Asociación, así como outras informacións relacionadas coa arqueoloxía en xeral.
A edición de entradas queda restrinxida ós membros da directiva, como forma de controlar a información editada, polo que os socios da AEGA deberán poñerse en contacto con ditos membros para editar algunha información.

3. Información sobre a Lei 32/2006 de 18 de outubro, que é a nova Lei reguladora da subcontratación no sector da construcción, na cal aparecen importantes atrancos para o desenvolvimento da actividade arqueolóxica. Pola complexidade desta Lei, a Asemblea aceptou buscar asesoramento externo para analizar as implicacións provocadas por esta nova Lei para a nosa actividade.

A seguinte Asemblea Ordinaria acórdase convocala para o día 22 de agosto de 2008, no local da Asociación de Empresarios do Tambre (Santiago de Compostela) ás 17 h. en primeira convocatoria e ás 17,30 h. en segunda convocatoria, coa seguinte ORDE DO DÍA:
- Continuación da lectura das contrapropostas realizadas pola CIG ó borrador do Convenio Laboral presentado pola AEGA.
- Lectura e análise da información aportada polo asesor sobre a nova Lei de subcontratación.

No hay comentarios: