A comisión de Calidade ten elaborado un documento no que se resumen as conclusións de dita comisión. Pasamos a expoñer este documento, que xa conta co benplácito dos socios (reunión do 25-9-09), para que todos, tanto socios como non socios podades opinar coa intención de crear unhas liñas básicas, uns mínimos de calidade, que podan asumirse por todos os sectores que integran esta profesión.
1.-PROSPECCIÓN
1.1.-Tipos de prospección:
· Lineais
· De ámbito pechado
· Para catálogos
1.2.-Intensidades de prospección
1.2.1-Nomenclatura e definición
· Prospección Extensiva: Revisión de zonas puntuais dentro dun ámbito territorial dado atendendo ós seguintes elementos de referencia:
-xacementos catalogados
-xacementos non catalogados pero coñecidos
-por indicios (toponimia, topografía, potencialidade arqueolóxica...)
-por oportunidade (remocións recentes)
· Semi-intensiva: Inspección selectiva.
· Intensiva: Revisión completa dun ámbito dado coas limitacións propias do estado da vexetación e a orografía.
· Cobertura total: Inspección exhaustiva dun ámbito dado, preferentemente onde os niveis edáficos e xeolóxicos queden á vista, como por exemplo cortes e superficies sen cuberta vexetal.
1.3.-Obxecto do traballo
· Elementos arqueolóxicos
· Histórico-artísticos
· Etnográficos (hórreos, petos, cruceiros, lavadoiros, muíños, fontes...)
· Patrimonio inmaterial, restrinxido ós que fagan referencia a elementos físicos, susceptibles de ser conservados
· Outros incluídos nas normas municipais como elementos do patrimonio
1.4.-Ámbitos do traballo
1.4.1.-Xerais
Propoñemos un primeiro ámbito exterior á zona de traballo, co obxectivo de coñecer o contexto arqueolóxico a través dos elementos existentes no catálogo. Este ámbito será variable, en función da presencia de xacementos, establecendo como media un máximo aproximado de 5 km. Para elo será necesario a revisión do inventario, inserindo os datos, nun primeiro momento, no proxecto de execución. O tipo de prospección será extensiva, a modo de visita, comprobando os emprazamentos extraídos da cartografía do catálogo.
1.4.2.-Para prospeccións lineais
Ámbito de 200 metros a cada lado dende o límite da obra proxectada. A inserción dos elementos identificados nos resultados do traballos estará en función do seu ámbito de protección xenérico: 200 metros para xacementos arqueolóxicos, 100 para arquitectónicos e 50 para etnográficos. O tipo de prospección será intensiva
1.4.3.-Para prospeccións de ámbito pechado
A prospección será efectiva no ámbito da obra proxectada mais un contorno de 200 metros. En ámbolos dous casos a intensidade do traballo será de tipo intensivo. Aplicarase o mesmo criterio que no apartado 1.4.2, no que respecta á inserción de cada tipo de elemento, nos resultados do traballo.
1.5.-Documentación
A documentación a presentar terá en conta o tipo de traballo a realizar así como a diferenciación entre elementos inéditos e preexistentes no catálogo. Diferenciarase a realización dun catálogo municipal, mais exhaustivo no referente á realización de croquis, que, por exemplo, un estudio de impacto, cun nivel de documentación menor, nese sentido..
1.5.1.-Proxecto
· Estudio previo do catálogo
· Metodoloxía adecuada en base ós parámetros anteriores, especificando ámbitos e intensidades
· Medios técnicos
· Medios humanos.
1.5.2.-Informe/Memoria
· Ficha de inventario normativa. Propoñemos acordar coa administración un modelo de ficha en formato dixital que permita substituír o modelo manual que actualmente se emprega. En calquera caso sería posible combinar as dúas alternativas, modificando a carpeta de inventario por un documento que, incluíndo tódolos elementos requiridos no catálogo (cartografía, fotografía, etc.), permita a súa consulta informática, á vez que unha sinxela impresión.
· Cartografía mínima E/1:5.000
· Documentación gráfica de cada elemento identificado:
-Ámbitos de dispersión de material
-Croquis a Escala.
-Delimitación
-Ámbitos de protección
· Fotografía
· Plano de ámbitos e intensidades da prospección realizada.
1.6.-Medios técnicos e protocolos de actuación.
· Emprego de GPS con precisión submétrica como equipo mínimo. Requirido para situación de xacementos e elaboración de croquis.
· Establecer un protocolo para a elaboración da documentación fotográfica tendo en conta os seguinte parámetros:
-Data de cada unha das fotografías
-Exhaustividade
-Identificación exacta do punto de vista
1.7.-Medios Humanos
O equipo mínimo estará composto por dous arqueólogos de campo.
1.8.-Valoración custos
Para este cálculo de referencia e con independencia do tipo de traballo, levarase todo a unidades de superficie. Establecemos ritmos referidos a persoa/día.
· Lento: 20ha./día (= 1 km x 200 m.)
· Normal: 40 ha./día (= 1 km x 400 m.)
· Para catálogos municipais ou planeamento: 4 xacementos / día
2.-CONTROL E SEGUIMENTO
De forma xenérica podemos incluír dentro deste apartado os seguintes tipos de actuacións:
· Instalacións / construccións lineais
· Remocións en ámbitos pechados
· Traballos forestais (desbroces, talas e repoboacións)
· Outros
En calquera caso para realizar unha proposta mais axeitada propoñemos unha división en dos grandes categorías, derivada das diferencias na execución e documentación de cada unha delas:
· Ámbitos urbanos e iniciativas privadas
· Obras públicas (movementos de terras de grande envergadura)
2.1.-Proxecto
· Texto. Apartados
-Capítulos introductorios xerais
-Estudio histórico-arqueolóxico do contorno. Inclusión de actuacións arqueolóxicas realizadas. (Este último mais adaptado a actuacións en ámbitos urbanos e no caso de traballar nun contexto arqueolóxico claro).
-Definición do proxecto de obra: Alcance das remocións, en planta e sección. Metodoloxía da obra (mecánica e/ou manual), tipo de maquinaria.
-Normativa xeral e municipal
-Metodoloxía
· Parte gráfica
-Situación
-Planta e Deslinde
-Contexto histórico-arqueolóxico na medida en que sexa posible.
-Plano de obra en planta e sección. Cotas de obra
2.2.Execución
· Documentación, Medicións
-Debuxos a escala apropiada de elementos relevantes en relación ó interese histórico-arqueolóxico ou aqueles outros de importancia para o coñecemento
Plantas:
-Superficie final de remoción e contexto (planta de inmobles, parcelas, aliñación rúas.
-Emprego de equipos topográficos.
Referencias tridimensionais:
-Cotas finais de escavación
-Referencias tridimensionais para estratigrafía
-Establecer un nivel “0” perdurable e exportable para usar en actuacións futuras.
Estratigrafía:
-En actuacións sen interese histórico-arqueolóxico, propoñemos tres vías de actuación, a escoller en función da mellor adecuación:
-Debuxo de perfís ó uso
-Croquis con cotas e medidas
-Fotografía con apoio de cotas e medidas
-No caso de perfís longos, rexistro descontinuo, relevante para o conxunto estratigráfico.
-En actuacións con interese histórico-arqueolóxico, documentación exhaustiva.
Fotografía:
-Exhaustiva de todo o proceso. Estado previo, execución, finais.
2.3.-Gabinete: Informe/Memoria
· Recoller e plasmar a documentación xerada polo traballo de campo
2.4.-Equipo Mínimo
· Urbanas y particulares:
O equipo estará en función da potencialidade arqueolóxica:
-Contornos de protección: 1 Arqueólogo
-Conxuntos históricos: Obras de tamaño reducido: 1 Arqueólogo
Obras grandes: 2 Arqueólogos como mínimo
· Obra pública: (grandes movementos de terras)
Mínimo de 2 Arqueólogos
Presencia en función da fase de obra:
-Fase 1 (Replanteo e movementode terras): 1 visita semanal
-Resto fases: mínimo 1 visita mensual
2.5.-Valoración custos
Propoñemos o concepto de visita. Con independencia do tempo empregado en cada xornada, valorarase un custo fixo persoa/visita de cada día co persoal que sexa necesario.
3.-SONDAXES MECÁNICAS
3.1.-Proxecto

-Metodoloxía:
-Situación das sondaxes ou ámbito a sondar
-Superficie a sondar: mínimo dun 5%

3.2.Execución
Plantas:
-Situación das sondaxes a escala apropiada en relación o ámbito da obra
-Debuxo de plantas a escala con acotacións referidas ó nivel “0”.

3.3.-Gabinete: Informe/Memoria

3.4.-Equipo Mínimo
· Apertura de ata 100 m lineais de documentación estratigráfica:
1 Arqueólogo Director
1 Auxiliar
· A partir de 100 m lineais de documentación estratigráfica:
1 Arqueólogo Director
1 Arqueólogo Técnico
1 Auxiliar
3.5.-Valoración custos

4.-SONDAXES MANUAIS /ESCAVACIÓN EN ÁREA
Aplicaremos os criterios expostos no epígrafe 3
4.1.-Proxecto: Superficie mínima sondar, 5 %
4.2.-Execución:
Estratigrafía:
-A documentación estratigráfica será exhaustiva
4.3.-Gabinete/redacción de informes
4.4.-Recursos humanos
Diferenciaremos entre sondaxes manuais e escavación en área
· Sondaxes Manuais
Equipo mínimo para superficies ata 100 m2: 1 Director
2 Auxiliares
A partir de 100 m2: 1 Director
1 Técnico
2 Auxiliares como mínimo (O número de auxiliares estará en función do deseño da actuación, tendo en conta a relación entre equipo humano e tempo)
· Escavación en área
Equipo: Arqueólogo Director
Técnicos necesarios para: Rexistro de Materiais
Rexistro gráfico
Outros
Nº Auxiliares en función das necesidades
4.5.-Valoración custos
Cálculo por cubicaxe e ritmo de traballo: Escavador / m3 / xornada:
· Lento: ata 0,50 m3 /persoa /día
· Normal: de 0,50 a 1 m3 /persoa /día
5.-TRATAMENTO E INVENTARIO DE MATERIAS ARQUEOLÓXICOS
Tratamento Mínimo : Lavado, siglado, inventario e reproducción
· INVENTARIO: Ficha de mínimos, incidindo en aspectos identificativos e cronolóxicos, sobre os descritivos. O modelo de ficha podería contar cos seguintes campos:
Sigla
Unidade de Rexistro (U.R.)
Unidade Estratigráfica (U.E.)
Forma
Decoración
Clasificación tipolóxica
Cronoloxía
· FOTOGRAFÍA: Representativa
· DEBUXO: Por tipos, evitando reiteracións.
TARIFAS. ELEMENTOS DE REFERENCIA PARA VALORACIÓN DE CUSTOS: PROXECTOS, INFORMES E MEMORIAS, DELINEACIÓN, ETC.
· Custos mínimos de referencia:
Proxecto e Memoria: 10% do orzamento
Tratamento materiais: 15%
Analíticas e mostras: 4-7,5 %

No hay comentarios:
Publicar un comentario